lunes, 17 de diciembre de 2007

A viguesa Silvia Rodríguez é a ‘raíña do spray’ tras superar a trinta homes no concurso ‘Galiza crea’

Leva desde os 18 anos flirteando cos sprays. Con 28 xa é unha das veteranas da cidade de Vigo e desde fai unha semana tamén é a mellor grafitera galega. Silvia Rodríguez Pena era a única muller que se presentaba na modalidade de grafiti do premio Galiza Crea e superando a uns trinta rivais fíxose con este galardón.

O caso de Silvia é un máis de mulleres en terreos que só pisaran homes. Fai dez anos empezou a traballar con sprays en Vigo cos seus amigos. Co paso do tempo, o seu talento foi recoñecido en varios certames galegos, ata o día de hoxe no que ademais de dicir que é a única galega que se dedicou en serio ao grafiti tamén é a mellor.

Para facerse co primeiro premio Silvia estivo traballando, do mesmo xeito que o resto de participantes, no seu muro unhas catro horas cuxo resultado foron unhas letras rosas espectaculares e limpas nas que se pode ler o seu nome de guerra e que entre risas. Pero tamén depende dos alcaldes e por agora aínda non ten clara a súa valoración de pero si a lle fixeron merecedora do premio. E é que, como explica Silvia, aínda que a maioría das persoas fixámonos nos adornos e debuxos dos grafitis, o realmente importante son as letras. «Teño que recoñecer que os grandes escritores -así se chaman tamén os grafiteros- somos moi egocéntricos. Gústanos ir pondo a nosa pegada, o noso nome, por todos lados, para subirnos un pouco o ego e entendo que iso pode chegar a molestar».

Silvia recoñece que agora que xa se tomou en serio o tema do grafiti é partidaria nun 50% de alagar os muros da cidade coa súa firma, «así empezamos todos», pero agora aposta por intervencións «mellores e cousas máis curradas», cunha orientación máis artística. Normalmente xunto a amigos planifican un deseño para un muro e pásanse un día enteiro traballando nas letras, adornos, figuras e as súas cores.

Coñecida no mundo como Sax, Silvia ve o grafiti como un hobbie que lle permite expresarse con total liberdade e, por iso, aínda que tivo ocasións de vivir profesionalmente do seu talento preferiu deixalo unicamente para o seu tempo libre. Prefire a súa vida así, traballando nunha cadea de Citroën a diario como tantos outros vigueses e os fins de semanas reunirse cos seus amigos e pasalo ben cun par de sprays e «sen facer dano a ninguén».

No hay comentarios: