jueves, 18 de diciembre de 2008

O Festival de Nadal da Escola de Música do Porriño

Máis de 200 persoas encheron o auditorio do Círculo Recreativo Cultural para ver aos seus fillos e fillas actuar.

O pasado 18 de decembro ás 7 e media da tarde, a Escola de Música do Porriño celebra o seu propio "Festival de Nadal", organizado no Círculo Recreativo Cultural. Neste festival, actuaron decenas de nenos e nenas da escola.




Actuaron grupos como Música e movemento, Coral infantil, xunto cos mozos e adultos da coral, colectivo de guitarra, conxunto de vento e ou colectivo de música tradicional.

Os máis cativos da casa, os de Música e movemento de 3, 4 e 5 anos, interpretaron "Buscando unha estrela", de Paolo Nogueira, e "Vitamina C", composta por Montserrat Sanuy", que son dous musicais. O outro grupo de Música e movemento, os de 6 e 7 anos, interpretaron "Buscando a árbore de Nadal", de Susa Herrera, e "O tren de Belén", que é unha canción popular, que tamén son dous musicais. Todo isto dirixido polos profesores Elena Fernández e Alberto Miranda.

O colectivo de guitarra, formada por alumnas de guitarra de Francisco Parreño, tocaron dúas panxoliñas "Borriquito", de Eric Boswell, e "Navidad", que é unha panxoliña popular.

Os alumnos da disciplina Coral de mozos e adultos cantaron xuntos "Noite de Paz" e "El abeto", que son dúas panxoliñas de tradición popular, e "El burrito sabanero", unha panxoliña a ritmo de rumba de Hugo Branco, cantada como solista Laura Fernández, unha nena cunha voz impresionante. Ela tamén cantou, neste caso só coa coral de adultos, "El tamborilero", unha panxoliña popular.



Para rematar, o Colectivo de música tradicional executou dúas pezas tradicionais galegas: "Foliada cantiga mareira", de Ramón González, e "¡Viva Vigo!" unha peza de Moxenas, tamén tradicional.

O ambiente no auditorio

Entre 150 e 200 persoas, a maioría familiares e amigos dos alumnos que actuaron, encheron toda a habitación. A xente chegou cedo para non perderse o gran espectáculo da Escola de Música do Porriño. A falta de cadeiras, a xente tivo que arranxarse, quedándose de pé ou collendo algunhas cadeiras de plástico da cafetería do edificio.

O transcurso do festival era lenta, xa que se tardaba entre 5 e 10 minutos en cambiar de actuación a outra, debido ás dificultades que tiveron os profesores en preparar o escenario e en organizar ben aos alumnos, abrigo como é entendible, aos alumnos máis pequenos.

Mañá entrega de notas


Mañá, as 18:00 da tarde, merendola na Escola de Música, onde se entregarán as clificacións do primeiro trimestre.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Os alumnos da Escola de Música tocaron nunha nova audición


A Escola de Música do Porriño organizou este pequeno concerto o pasado 10, no que participaron varios alumnos tocando varios instrumentos


Celebrado no Círculo Recreativo Cultural (centro onde se farán todas as audicións e festivais, a partir de agora, da Escola de Música) o pasado 10 de decembro, o concerto, organizado polos profesores da Escola, tivo algúns dos alumnos executando pezas novas, como: "Son of the wind", tocado por Helena González (Violín) e a profesora, que tamén tocou con Elena Fernández "Swiss Serenade". Tambíen, o dúo Marta Bastos e Paula Herrero tocaron "Danza do Polichinela" e "Sostenuto", as dous populares. Esta última, Paula Herrero, a continuación, tocou o "Concerto en Sol M 1º Movemento" de Vivaldi, acompañado de Carlos González ao piano.

En canto a guitarra: Javier Santamaría tocou "Cabriñas", no seu primeiro concerto, e Alejandro Alonso "Cu-Cu"

Os pianistas Diego Santamaría e Adrián Piñeiro tocaron a dúo "En Plus" unha obra de Eric S. Tamén, en pianistas, Elena Guisande tocou unha obra do profesor de piano e director da Escola Carlos González, titulada "O novo Vals"

Festival de Nadal, o próximo 18 de decembro

Aproveitamos para contarlles que o próximo 18 de decembro ás 19:30, no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, a Escola de Música ten a honra de presentarlles o "Festival de Nadal", onde actuarán, desde os máis pequenos ata os máis maiores

jueves, 12 de junio de 2008

A Escola de Música está entre os Premios Círculo 2008

Como outros anos, o Círculo Recreativo Cultural de O Porriño celebra o día 5 de xullo a súa propia entrega de premios que, entre os premiados, están a Escola de Música, o xogador de baloncesto Javier Rodríguez, Nito Pereiro e a última centralita manual de teléfonos do Porriño.

A gala estará dividida en varias categorías:

· Premio Círculo 2008 á Educación e Cultura
· Premio Círculo 2008 ao Recordo
· Premio Círculo 2008 ao Deporte
· Premio Círculo 2008 á Música

A Escola de Música participa na categoría da Música, onde centos de rapaces e rapazas da localidade teñen a oportunidade de adentrarse nesta disciplina dunha maneira didáctica.

miércoles, 11 de junio de 2008

Rómpese unha porta de cristal no Centro Cultural Municipal de O Porriño

A porta principal ao acceso ao Centro Cultural de O Porriño rómpese cando unha nena pequena intentaba entrar ao edificio.

Producíuse ás 8 da tarde do día 11 deste mes, cando a nena intentaba entrar ao centro e rompéulle enriba o cristal e caéulle nos seus brazos, na cabeza e nos ombreiros. A nena tivo que trasladala ao Centro Médico de O Porriño.

Parece ser que a causa do incidente foi a gran diferenza de temperatura entre o exterior e o interior do edificio porque a porta de cristal está, a esa hora, xusto enfrente ao sol mentres que o aire acondicionado do edificio estaba a traballar.

Según poido saber a policía a nena non pertenecía a Escola de Música

viernes, 30 de mayo de 2008

Queres un afinador SEIKO Mod Sat 100?

En 'A VOZ DA MÚSICA' estamos vendendo rifas para recaudar fondos para o periódico

Sorteamos un SEIKO Mod Sat 100 coma este:



Participa!

Só tes que acercarte a Secretaría da Escola de Música de O Porriño, pedir unha rifa ou os que queiras e, por só 1€, podrás participar no sorteo da ONCE que se celebrará o día 15/6/08.

Se gañaches, pídea en Secretaría de dita escola de música e recibirás, de balde, o afinador SEIKO Mod Sat 100

O último número do xornal deste curso só nesta páxina

Tamén aproveitamos dicir que a semana do 15-20 de xuño sadrá en avozdamusica.blogspot.com o uĺtimo número do xornal deste curso 2007-2008. Pero seguiremos imprimindo o xornal parao curso que vén

Para máis información, enviade unha mensaxe a avozdamusica@yahoo.es

sábado, 1 de marzo de 2008

A Escola de Música de O Porriño ofreceunos unha audición

A Escola de Música de O Porriño ofreceu o pasado venres un concerto de alumnos desta escola.

Uns 70 pais dos alumnos disfrutaron da actuación dos seus fillos no salón de actos do Centro Cultural de O Porriño. O concerto é un dos concertos que ofrécenos a Escola de Música.

O concerto durou unha hora e tivo moita variedade de música: dende pezas tristes ata piezas populares e conocidas

Os nenos tocaron instrumentos como: o piano, a guitarra, o víolín e a trompeta. Uns dos máis tocados foi a guitarra, onde o tocaron 10 cativos:

- O violín: 3
- O piano: 5
- A trompeta: 3
- O saxofón: 1
- O clarinete: 1

Este foi o programa do concerto:

- "Saltando" : E. Fernández
Sara Bastos (guitarra)

- "El Gallito": N. Maguidenko / "Buenas Noches": N. Metlov
Nerea Romero (violín)

- "Lección 55": J.S. Sagregas
Xoana Veiga (guitarra)

- "Despedida": D. Basiliyev-Buglai
Betty Cortiñas (piano)

- "Lección 54" : J.S. Sagregas
Carolina Martínez (guitarra)

- "Tengo una muñeca": Popular española
Pablo Pereira (trompeta)

- "Canción Rusa": Dunaievsky
Marta Rodríguez (piano)

- "Andantino en Do": M. Carcassi
Noelia Guisantde (guitarra)

- "El Gallito": N. Maguidenko
- "Por el camino verde": T. Zajarinoi
Luís Miguel álvarez (violín)

- "Lección 49": J.S. Sagregas
Rebeca Estévez (guitarra)

- "Mussette" en Re: J.S. Bach
- "Mussette" en Sol: R. Shumann
Catarina Vidal (piano)

- "Minueto" de la suite nº8: R. de Visée
Iván Baz (guitarra)

- "Can Can": J. Offenbach
Jorge Fernández (trompeta)

- "Estudio I": l. Brouwer
Raquel Otero (guitarra)

- "Vals": C.M. Weber
Marta Bastos (violín)

- "Vals en Sol": C. Cimadevilla
Noemí Romero (guitarra)

- "Pequeño preludio en Sol": J.S. Bach
Adrián Piñeiro (piano)

- "Andantino en Sol": M. Crcassi
Andrea Diz (guitarra)

- "Escenas Infantiles" Vom fredmen Ländeon und Menschen: R Schumann
Sebastián Romero (piano)

- Diderencias sobre "Guárdame las vacas": L. De Narvaez
Olaia Pérez (guitarra)

- "Duetino": W.A. Mozart
Laura Pereira (saxofón), María Castro y Nerea Pereira (clarinetes)

O próximo concierto será o 5 de marzo ás 19:30 H no Centro Cultural de O Porriño

A plataforma Defende Mos volve a saír a rúa para facer unha manifestación

A plataforma pola defensa de Mos volve a saír a rúa pedindo que se retire a nova variante Vigo-Porriño (AV-80) e que se faga un novo trazado do AVE que faga o menos "dano" posible a Mos.

Esta plataforma saíu a calle facendo unha manifestación na rotonda do costilleta o pasado 29 de febreiro ás 20:00H da tarde. Uns 100 manifestantes estiveron rodeando esta nova rotonda durante pouco máis de media hora. Saíron da explanada da discoteca Queen ata esta rotonda.

viernes, 15 de febrero de 2008

A nova variante de O Porriño desconxestionará o tráfico polo centro da vila


A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, inaugurou onte no municipio de Mos a variante de Porriño, unha vía que enlaza polo noroeste estrada Porriño -Gondomar (PO-331) coa N-120 en Mos facilitando o acceso ás autovías a Tui e das Rías Baixas e evitando así o paso de tráfico pesado polo centro urbano.

A nova variante conta cunha lonxitude de 520 metros e supuxo un investimento duns 3 millóns de euros. A estrada parte dunha nova glorieta na avenida de Bos Aires, nome que recibe a PO-331 convertida na práctica nunha vía urbana na súa entrada no Porriño -zona do paso a nivel-, e remata na N-120, onde se remodelou o nó anterior para construír unha nova glorieta que regula máis eficazmente os tráficos das estradas que alí conflúen.

O viario, que se construíu en terreos dos termos municipais de Mos e Porriño, ten dous carriis de 3,75 metros de ancho e dúas beiravías de 2,5 metros. Ademais, conta cun viaduto de 170 metros sobre o río Louro.

Esta estrada permite desviar tráficos fose do centro urbano do Porriño, especialmente os vehículos pesados e de mercancías perigosas nunha zona altamente industrializada. Así, a nova vía enlaza a PO-331 que chega desde o Val Miñor e a Cidade Universitaria de Vigo coa rotonda e o nó de acceso á autovía Vigo-Tui (A-55) e, desde ela, á Autovía das Rías Baixas (A-52).

martes, 5 de febrero de 2008

As comparsas "Colores" e "Estrelas da noite" desfilaron o luns

As dúas comparsas máis famosas e exitosas das Rías Baixas desfilaron na noite do luns polas rúas da vila porriñesa.

Aunque durante o desfile chovía, nadie quiso perderse o desfile de estas comparsas: a porriñesa comparsa "Colores" e a comparsa de Tomiño "Estrelas da noite"

A xente alegrouse moito e bailaron xunto ás dúas comparsas na noite do luns, ante o frío e a choiva. Pero non só bailaron e disfrutaron, tamén gravaron e fixeron moitas fotos das persoas que desfilaban polas rúas de O Porriño. A xente abarrotou tódalas beirarrúas estreitas de O Porriño.

A Comparsa "Colores" fai uns días

A Comparsa "Colores", aparte do desfile en Porriño, tamén desfilaron en Pontevedra o pasado sábado, onde alí a comparsa recibiu dous premios: o premio á "comparsa Fantasía", valorada en 2.400€ e un premio especial a "grupos comparsa" valorada en 700€. Tamén desfilou o pasado domingo no IFEVI.

Esta comparsa ía desfilar o pasado venres en Tomiño (xunto con "Estrelas da noite" e outros) pero suspendeuse por chuvia, igual que o pasado domingo en Budiño.

As comparsas "Colores" e "Estrelas da noite" podrían desfilar outra vez en Porriño

"Colores" e "Estrelas da noite" podrían desfilar outra vez este mércores 6 de Febreiro ás 20:00H pero todavía non é oficial

lunes, 28 de enero de 2008

Calendario de desfiles 2008 da Comparsa '"Colores" de O Porriño

'A VOZ DA MÚSICA' ten en exclusiva o calendario oficial de desfiles da comparsa máis famosa de O Porriño, a Comparsa Colores

A Comparsa Colores visitará Porriño, Budiño, Tomiño, Ponteareas, Bueu... e as grandes cidades de Galicia: SAntiago, Pontevedra...

Éste é o seu calendario:

- Venres 1 de Febreiro: Tomiño ás 21:30 H (suspendida por chuvia, se desfilará o día 8 de Febreiro ás 21:30 H)
- Sábado 2 de Febreiro: Pontevedra ás 17:30 H
- Domingo 3 de Febreiro: Budiño ás 17:00 H
- Domingo 3 de Febreiro: IFEVI ás 20:00 H
- Luns 4 de Febreiro: Porriño ás 20:00 H
- Martes 5 de Febreiro: Santiago ás 17:30 H
- Xoves 7 de Febreiro: Ponteareas ás 20:00 H
- Sábado 8 de Febreiro: Salvaterra ás 18:30 H
- Domingo 9 de Febreiro: Bueu ás 17:00 H