jueves, 12 de junio de 2008

A Escola de Música está entre os Premios Círculo 2008

Como outros anos, o Círculo Recreativo Cultural de O Porriño celebra o día 5 de xullo a súa propia entrega de premios que, entre os premiados, están a Escola de Música, o xogador de baloncesto Javier Rodríguez, Nito Pereiro e a última centralita manual de teléfonos do Porriño.

A gala estará dividida en varias categorías:

· Premio Círculo 2008 á Educación e Cultura
· Premio Círculo 2008 ao Recordo
· Premio Círculo 2008 ao Deporte
· Premio Círculo 2008 á Música

A Escola de Música participa na categoría da Música, onde centos de rapaces e rapazas da localidade teñen a oportunidade de adentrarse nesta disciplina dunha maneira didáctica.

No hay comentarios: