jueves, 18 de diciembre de 2008

O Festival de Nadal da Escola de Música do Porriño

Máis de 200 persoas encheron o auditorio do Círculo Recreativo Cultural para ver aos seus fillos e fillas actuar.

O pasado 18 de decembro ás 7 e media da tarde, a Escola de Música do Porriño celebra o seu propio "Festival de Nadal", organizado no Círculo Recreativo Cultural. Neste festival, actuaron decenas de nenos e nenas da escola.




Actuaron grupos como Música e movemento, Coral infantil, xunto cos mozos e adultos da coral, colectivo de guitarra, conxunto de vento e ou colectivo de música tradicional.

Os máis cativos da casa, os de Música e movemento de 3, 4 e 5 anos, interpretaron "Buscando unha estrela", de Paolo Nogueira, e "Vitamina C", composta por Montserrat Sanuy", que son dous musicais. O outro grupo de Música e movemento, os de 6 e 7 anos, interpretaron "Buscando a árbore de Nadal", de Susa Herrera, e "O tren de Belén", que é unha canción popular, que tamén son dous musicais. Todo isto dirixido polos profesores Elena Fernández e Alberto Miranda.

O colectivo de guitarra, formada por alumnas de guitarra de Francisco Parreño, tocaron dúas panxoliñas "Borriquito", de Eric Boswell, e "Navidad", que é unha panxoliña popular.

Os alumnos da disciplina Coral de mozos e adultos cantaron xuntos "Noite de Paz" e "El abeto", que son dúas panxoliñas de tradición popular, e "El burrito sabanero", unha panxoliña a ritmo de rumba de Hugo Branco, cantada como solista Laura Fernández, unha nena cunha voz impresionante. Ela tamén cantou, neste caso só coa coral de adultos, "El tamborilero", unha panxoliña popular.



Para rematar, o Colectivo de música tradicional executou dúas pezas tradicionais galegas: "Foliada cantiga mareira", de Ramón González, e "¡Viva Vigo!" unha peza de Moxenas, tamén tradicional.

O ambiente no auditorio

Entre 150 e 200 persoas, a maioría familiares e amigos dos alumnos que actuaron, encheron toda a habitación. A xente chegou cedo para non perderse o gran espectáculo da Escola de Música do Porriño. A falta de cadeiras, a xente tivo que arranxarse, quedándose de pé ou collendo algunhas cadeiras de plástico da cafetería do edificio.

O transcurso do festival era lenta, xa que se tardaba entre 5 e 10 minutos en cambiar de actuación a outra, debido ás dificultades que tiveron os profesores en preparar o escenario e en organizar ben aos alumnos, abrigo como é entendible, aos alumnos máis pequenos.

Mañá entrega de notas


Mañá, as 18:00 da tarde, merendola na Escola de Música, onde se entregarán as clificacións do primeiro trimestre.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Os alumnos da Escola de Música tocaron nunha nova audición


A Escola de Música do Porriño organizou este pequeno concerto o pasado 10, no que participaron varios alumnos tocando varios instrumentos


Celebrado no Círculo Recreativo Cultural (centro onde se farán todas as audicións e festivais, a partir de agora, da Escola de Música) o pasado 10 de decembro, o concerto, organizado polos profesores da Escola, tivo algúns dos alumnos executando pezas novas, como: "Son of the wind", tocado por Helena González (Violín) e a profesora, que tamén tocou con Elena Fernández "Swiss Serenade". Tambíen, o dúo Marta Bastos e Paula Herrero tocaron "Danza do Polichinela" e "Sostenuto", as dous populares. Esta última, Paula Herrero, a continuación, tocou o "Concerto en Sol M 1º Movemento" de Vivaldi, acompañado de Carlos González ao piano.

En canto a guitarra: Javier Santamaría tocou "Cabriñas", no seu primeiro concerto, e Alejandro Alonso "Cu-Cu"

Os pianistas Diego Santamaría e Adrián Piñeiro tocaron a dúo "En Plus" unha obra de Eric S. Tamén, en pianistas, Elena Guisande tocou unha obra do profesor de piano e director da Escola Carlos González, titulada "O novo Vals"

Festival de Nadal, o próximo 18 de decembro

Aproveitamos para contarlles que o próximo 18 de decembro ás 19:30, no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, a Escola de Música ten a honra de presentarlles o "Festival de Nadal", onde actuarán, desde os máis pequenos ata os máis maiores