domingo, 16 de diciembre de 2007

O Piano (I): os antecesores do piano

O piano é un instrumento relativamente novo, pois foi creado por Bartolomeo Cristófori en 1709 e non foi ata o século XIX que adquiriu o seu máximo esplendor e desenvolvemento. Ten os seus antecedentes nos instrumentos de teclado anteriores, que xurdiran despois do Renacemento: O Clavicémbalo, o Virginal, a Espineta, por unha banda e o Clavicordio por outro:

- Virginal: É o Clave na súa forma máis antiga e simple. Tiña forma rectangular e colocábase sobre unha mesa (tamén se podía pór sobre unha armazón de catro patas). As cordas estaban dispostas paralelas ao teclado. O período de uso deste instrumento abarca os séculos XVII e XVIII.

- Espineta: Do mesmo xeito que o Virginal este instrumento tenia unha corda para cada nota. Diferénciase en que a caixa do instrumento era triangular (parecida á do piano de cola actual). As cordas estaban dispostas formando un ángulo de 45º co teclado, o que permitía a utilización de cordas proporcionalmente máis longas para os sons graves, beneficiando así a sonoridad do instrumento. O seu uso estendeuse a través dos séculos XVII e XVIII.

- Clavicémbalo: Tamén coñecido como clavecín e clave. É o mesmo instrumento, desenvolvido e evolucionado na súa máxima expresión. Tiña dous ou tres cordas para cada nota. Tamén tiña forma triangular formando as cordas un ángulo de 90º con relación ao teclado. O número de cordas por nota podía variarse por medios mecánicos do mesmo xeito que podía variarse o volume e o timbre do instrumento. Podíaselle agregar un xogo de cordas adicional afinada a unha oitava de distancia. Construíanse claves con dúas e ata con tres teclados. Os exemplares máis antigos son do século XVI e ata a actualidade continúanse fabricando. O exemplar máis antigo que se conserva está no “Vitoria and Albert Museum” de Londres, foi construído en Roma ao redor de 1521.
Produción do son: As cordas eran “pulsadas” por unhas pezas de madeira chamadas jacks ou soutereaux terminadas nunha punta feita de coiro ou de canóns de plumas de ave chamada plectros.

- Clavicordio: Semellábase a un pequeno piano rectangular que podía colocarse sobre unha mesa ou unha armazón con catro patas. As cordas estaban dispostas horizontalmente respecto ao teclado. Atopáronse indicios do seu uso desde o século XIV e XVI.

Produción do son: As cordas eran golpeadas desde abaixo por unha piecesitas de metal chamadas “tangentes ou martinetes”. A afinación podía ser modificada facendo mover a tangente cun movemento da man chamado “bebung” (algo parecido ao vibrato dos instrumento de cordas).

Túas novas

AXÚDANOS A FACER O PERIÓDICO

Manda unha noticia que che gustaría que aparecese neste periódico a:

avozdamusica@yahoo.es
asunto: miña nova

ou tamén no noso blog

avozdamusica.blogspot.com

Alí entras na etiqueta: túas novas, e nos comentarios opina o que queiras

Pode ser de calqueira nova: Louriña, ciencia, sociedade, cultura, música...

Opina aquí

Mándanos a túa opinión, a túa queixa ou a túa denuncia a

avozdamusica@yahoo.es
asunto: opinión

ou por correo ordinal:

Angustias Nº50 2º-D
36418 Sanguiñeda-Mos

Ou tamén no noso blog

avozdamusica.blogspot.com
etiqueta: opinión

Alí entras na etiqueta: opinión, e nos comentarios opina o que queiras

Entra no blog de 'Consulta TDT'

consultatdtlourina.blogspot.com

Neste blog podrás:

- Enterarte sobre as últimas novas da TDT
- Opinar sobre as novas
- Preguntar sobre un problema na recepción da TDT na túa casa
- Informarse de qué páxinas podes comprar un decodificador TDT en internet
...

consultatdtlourina.blogspot.com

Consulta TDT

- Teño problemas en recibir varios canais?
- Non sei como instalar o meu decodificador TDT?
- Por ónde podo ver a TDT?
...

Se tes este tipo de problemas, nós podemos axudarte

Por e-mail

avozdamusica@yahoo.es
Asunto: Consulta TDT

Por correo ordinal

Angustias Nº50 2º-D
36418 Sanguiñeda – Mos

Ou tamén no blog

consultatdtlourina.blogspot.com

Alí entras na etiqueta: problemas TDT, e nos comentarios poñes o teu problema

O cómic do teu fillo

Se teu fillo/a ten entre 5 e 12 anos, e ten un cómic de dúas filas que estea relacionado coa música, envíao a: avozdamusica@yahoo.es , co nome e apelidos, os anos do fillo/a e a dirección postal ou e-mail

E no próximo número, sairán unha selección dos mellores, e o que máis votos teña un cómic, sairá no seguinte número do xornal

Bases do concurso:

1º: Os participantes teñen que ser nenos de entre 5 e 12 anos escolarizados na Escola de Música do Porriño

2º: O cómic ten que ser só de dúas filas, que teña algunha relación coa música

3º: O cómic só se poderá enviar por e-mail a avozdamusica@yahoo.es

4º: Só sairá un cómic por cada número do xornal 'A VOZ DA MÚSICA'

5º: O cómic máis votado polos visitantes do blog e por envíos ao correo electrónico: avozdamusica@yahoo.es

6º: O concurso non terá premio nin terá data límite de entrega

Anuncios breves

Pon un anuncio breve nesta páxina

Para poñer un anuncio breve aquí:

Se envía un e-mail a:

avozdamusica@yahoo.es
Asunto: anuncio breve

Ou no noso blog:

www.avozdamusica.blogspot.com
Etiqueta: breves
E nos comentarios, pos teu anuncio breve

Os anuncios breves teñen que ser:

1.De animais, automóbiles, ensino, casas, pisos, solares e terreos, compra e venta
2.Non poden ter imaxe
3.Ten que ter como mínimo 15 palabras
4.No contido do anuncio ten que poñer:
- Nome e apelidos
- Dirección postal ou e-mail
- O tipo de anuncio: animais, automóbiles...
5. - Un anuncio de 5-10 palabras: 50 cent.
- Un anuncio de 10-15 palabras: 1 €
6. O anuncio non terá fecha de retirada no periódico, só se retirara cando o anunciante queira, enviando outra mensaxe ao e-mail ou no blog indicando os mesmos datos