jueves, 12 de junio de 2008

A Escola de Música está entre os Premios Círculo 2008

Como outros anos, o Círculo Recreativo Cultural de O Porriño celebra o día 5 de xullo a súa propia entrega de premios que, entre os premiados, están a Escola de Música, o xogador de baloncesto Javier Rodríguez, Nito Pereiro e a última centralita manual de teléfonos do Porriño.

A gala estará dividida en varias categorías:

· Premio Círculo 2008 á Educación e Cultura
· Premio Círculo 2008 ao Recordo
· Premio Círculo 2008 ao Deporte
· Premio Círculo 2008 á Música

A Escola de Música participa na categoría da Música, onde centos de rapaces e rapazas da localidade teñen a oportunidade de adentrarse nesta disciplina dunha maneira didáctica.

miércoles, 11 de junio de 2008

Rómpese unha porta de cristal no Centro Cultural Municipal de O Porriño

A porta principal ao acceso ao Centro Cultural de O Porriño rómpese cando unha nena pequena intentaba entrar ao edificio.

Producíuse ás 8 da tarde do día 11 deste mes, cando a nena intentaba entrar ao centro e rompéulle enriba o cristal e caéulle nos seus brazos, na cabeza e nos ombreiros. A nena tivo que trasladala ao Centro Médico de O Porriño.

Parece ser que a causa do incidente foi a gran diferenza de temperatura entre o exterior e o interior do edificio porque a porta de cristal está, a esa hora, xusto enfrente ao sol mentres que o aire acondicionado do edificio estaba a traballar.

Según poido saber a policía a nena non pertenecía a Escola de Música