lunes, 17 de diciembre de 2007

O Porriño apúntase a búsqueda autónoma de emprego

Estos talleres, que teñen unha duración de dez horas repartidas en dous días, buscan fomentar entre os seus e a súas participantes a búsqueda autónoma de emprego. Os e as asistentes participan nestos talleres repartidos en grupos de 15 a 20 persoas. Nun primeiro momento, os Servizos de Emprego centraranse en persoas de baixa calificación, diferenciando grupos por idades, maiores ou menores de 35 anos. Nembargantes, o Servizo de Emprego agárda chegar no futuro aos máximos usuarios e usuarias da Bolsa de Emprego posibeis .

No primeiro día, realízanse dous cursos, un de información para o emprego e outro de técnicas de búsqueda activa de emprego. No curso de información para o emprego, que ten unha duración de 2 horas, reflexiónase sobre aspectos como o contrato de traballo, o salario, a xornada laboral, o desemprego, ou mesmo sobre os diferentes modelos de instancia ante os que os desempregados ou desempregadas se poden topar á hora de participar nunha convocatoria de emprego público.

No curso de técnicas de búsqueda activa de emprego, trátase de que os e as participantes teñan coñecemento do mercado laboral (empresa privada, administración pública, autoemprego...), e adquiran formación para elaborar o seu currículo vitae, analizar unha oferta de traballo, ou mesmo presentarse como candidatos a unha empresa.

No segundo día, realízase o curso de entrevista de traballo. Neste curso de cinco horas, trátanse aspectos relacionados coa preparación da entrevista de traballo, como o comportamento verbal e non verbal nunha entrevista de traballo, o aspecto persoal, as preguntas frecuentes... Este curso de entrevista de traballo conta tamén con unha parte práctica, na que cada asistente ao curso realiza un simulacro de entrevista de traballo diante dos seus compañeiros e compañeiras, entrevista que posteriormente será analizada para buscar mellorar aqueles aspectos máis febles amosados polos participantes.

A concelleira de Emprego, Obdulia Diniz, destacou a importancia destos talleres para fomentar a búsqueda autónoma de emprego entre desempregados e desempregadas. “Estes cursos son máis unha ferramenta para os usuarios da Bolsa de Emprego do concello, no obxectivo final de mellorar as posibilidades deste colectivo cara insertarse no mercado laboral. Desde a concellaría de Emprego queremos animar á xente que busca emprego a anotarse na Bolsa de Emprego do concello, e aproveitar os recursos e ferramentas que aquí temos a súa disposición”, afirmou a concelleira. Obdulia Diniz reafirmouse no compromiso do goberno do BNG coas políticas activas a prol do emprego.

No hay comentarios: