lunes, 17 de diciembre de 2007

Detido un adolescente holandés por “roubar” mobles nunha comunidade virtual

A policía holandesa arrestou a un adolescente de 17 anos por «roubar» mobles por valor de 4.000 euros nunha comunidade virtual, chamada Habbo Hotel, informan fontes xudiciais. é a primeira vez que se detén a unha persoa en Holanda por subtraer bens virtuais, especificou a cadea pública de televisión holandesa NOS.

Trátase do xogo Habbo Hotel, que conta con 7 millóns de participantes en todo o mundo, no que os usuarios compran mobles, roupa, casa ou mascota cos chamados créditos Habbo, que adquiren previamente con euros. Con ese sistema, Habbo Hotel factura ao redor de 4 millóns de euros mensuais en todo o mundo. A policía sospeita que o mozo detido fíxose coas claves doutros participantes e desa forma eliminaría mobles das súas «propiedades» no xogo.

A policía de Amsterdam recibiu oito denuncias por roubo de mobles nesta comunidade.

No hay comentarios: