lunes, 17 de diciembre de 2007

En Galicia non choverá como para encher os encoros ata maio

Apenas caeron tres pingas o pasado fin de semana e, de súpeto, de novo, o sol loce mellor que nunca sobre o ceo galego. As previsións repiten día si e día tamén que se mantén a situación anticiclónica e, auqnue a choiva non é prato de bo gusto para a maioría, a falta de auga está convertendo a situación dos encoros galegos en dramática.

A seca está provocando que os encoros galegos non cheguen aos niveis desexados para estas datas do ano e segundo Medio Ambiente a auga que rexistran só chega para abastecer a demanda de dous meses.

Xa se empezaron a tomar medidas para aforrar auga nos consumos non prioritarios como as fontes ou algunhas regas.
O encoro que abastece a cidade da Coruña, o de Cecebre, presenta unha ocupación por baixo do 30%.

Segundo as previsións estatísticas, non choverá con forza ata maio.

No hay comentarios: