lunes, 17 de diciembre de 2007

A Escola de Música de O Porriño ofreceunos o Festival de Nadal

A Escola de Música de O Porriño ofreceunos o pasado sábado un concerto de Nadal, no que actuaron case tódolos nenos e nenas da Escola de Música. Os pais, nais e familiares dos cativos inscritos na Escola de Música viñeron a ver o Festival de Nadal.

Este ano actuaron moitas clases da Escola de Música: o coro infantil e de adultos, os rapaces da clase de ‘Música e movemento’ (de 3 a 7 anos), o colectivo de guitarra, o taller de música tradicional, a orquestra da Escola de Música e os alumnos de I e II de Linguaxe Musical.

Os pais, nais e familiares, dende cativos ata anciáns dos escolares encheron todo o auditorio do Centro Cultural para ver o festival: algúns tiveron que sentarse no corredor pola insuficiencia de butacas libres do auditorio.

As actuacións


Antes de comezar as actuacións, Carlos González (Director da Escola de Música) dixo unhas palabras de agradecemento pola asistencia ao Festival e pola colaboración dos pais para facer o Festival.

Os primeiros en actuar foron os rapaces da Orquestra da Escola de Música, que executaron ‘Noche de Paz’ e ‘Christmas Bits & Pieces’ dúas panxoliñas populares.

Os alumnos de ‘Música e movemento’ executaron a todo o público tres actuacións diferentes entre si: os de Música e movemento de tres anos demostraron as súas dotes artísticas cos nenos de 6 a 7 (tamén de Música e Movemento) facendo a actuación chamada ‘Una pandereta suena’. Despois, os rapaces de 6 a 7 anos executaron outra actuación: ‘Alepún’

Máis tarde, os de 4 a 5 anos actuaron con ‘ Ya viene la vieja’

Máis tarde, os chicos do Colectivo de Guitarra tocaron coa guitarra dúas panxoliñas: ‘Away in a Manger’ e ‘El campanero’

Os rapaces de I e II de Linguaxe Musical fixeron unha actuación entretida: ‘Sin gasolina’ . A xente que viu a actuación aplaudiu moito.

Os rapaces do coro infantil cantaron catro panxoliñas típicas deste Nadal: ‘Blanca Navidad’, ‘Adeste Fideles’ ‘Campana sobre campana’ e ‘Siempre es Navidad’
Logo, os alumnos de música tradicional executaron unha muñeira: ‘Muñeira de Armenteira’ que, despois da actuación do coro de adultos, executaron, co coro de adultos, a ‘Foliada Cantiga Mareira’.

O coro de adultos cantou ‘El tamborilero’ unha panxoliña popular.

A opinión de Carlos González

“Outra vez asistimos ao Festival de Navidad da Escola Municipal de Música do Porriño e outra vez nos atopamos coa necesidade dun auditorio que non solo sirva para as actividades da escola de música senón tamén para as outras actividades do Porriño que requiran deste tipo de instalacións.” sinalou

“Aunque pais, nais e nenos sentáronse no chan pois non daban abasto as cadeiras do auditorio” dixo

“O resultado do festival foi moito satisfactorio pois coma sempre o público disfrutou das actuacións dos máis pequenos que demostraron as seus dotes artísticas” comentou.

“Merece a orquestra que aínda ten algunhas dificultades en la coordinación y na afinación demostrou un avance con relación a presentacións anteriores”, expresou.

“Notouse a falta dun coro de adultos e desde aquí convocamos a pais e nais a que se animen e participen nela” falou.

“A cousa pechou coa actuación do Conxunto de Música tradicional galega que coma sempre nos deleitou cunha boa interpretación da nosa música e especialmente a participación dos máis pequenos membros desta” indicou.

No hay comentarios: