lunes, 17 de diciembre de 2007

A biblioteca do Porriño convoca unha rifa de Nadal para regalar unha cesta de libros

A Biblioteca municipal do Porriño organiza para este Nadal un sorteo cuxo premio será unha cesta chea de libros. Desde o luns 17 de decembro ata o xoves 3 de xaneiro, os usuarios da biblioteca recibirán unha participación gratuíta para o concurso con cada préstamo a domicilio que efectúen.

O 3 de xaneiro, a popular contacontos Lúa Conluvas exercerá como man inocente para dar a coñecer ao gañador da cesta. O agasallo incluirá libros de distintas materias A biblioteca pretende ofrecer como agasallo aos seus usuarios unha colección de obras para ler ao longo de todo o ano entre toda a familia.

No hay comentarios: