lunes, 17 de diciembre de 2007

Galicia sitúase á cola en novas contratacións de Internet de banda ancha

Galicia é a segunda comunidade que menos novas conexións a Internet por banda ancha rexistrou, ao contrario que Navarra, segundo a Enquisa sobre Equipamento e Uso de Tecnoloxías da Información e Comunicación, publicada polo Instituto Nacional de Estatística.

Navarra foi a comunidade autónoma na que máis fogares se sumaron á banda ancha, cun 10,6%, seguida da Rioxa, cun 8,7%, e da Comunidade Valenciana, cun 8%, segundo os resultados para o 2007 e para o segundo semestre do 2006.

Tras os fogares navarros, rioxanos e valencianos, foron os madrileños e os castellanoleoneses os que máis liñas de banda ancha deron de alta, ambos cun 7,4%. Ao contrario, o crecemento máis baixo localizouse en Castela-A Mancha, onde só un 3,6% de vivendas decidiron contratar un servizo deste tipo, unha porcentaxe moi próxima ao 3,8 que se rexistrou en Galicia.

Por outra banda, Madrid é a comunidade na que máis vivendas se conectan a Internet por banda ancha, cun 51,7% de fogares, situada por encima de Cataluña, que queda no 46%, e Baleares, que roza o 45%. As tres únicas autonomías que non superan o 30% nesta lista son Estremadura -23,2%-, Galicia -25,7- e Castela-A Mancha -28,3-.

Tamén Navarra, nesta ocasión xunto á Comunidade Valenciana, lidera as novas conexións a internet, ambas cun 6,4%, que superan por pouco o 5,8% de Aragón. A única comunidade que non engrosou o número de fogares con acceso á rede foi Estremadura, na que descenderon nun 0,2%.

A comunidade de Madrid tamén encabeza o ranking de fogares que poden conectarse á rede, cun 56,6%, unha cifra que supera con fartura o 32,2 de Galicia e o 30,3 de Estremadura, as porcentaxes máis baixas neste apartado

No hay comentarios: